img
 

Triacastela

 

CONCELLO:

Pulsar para ir á ruta

Pulsar para ir ó concello

Triacastela é un municipio de aproximadamente 51 km² situado na provincia de Lugo, comarca de Sarria e partido xudicial de Becerreá. Dista 54 km da capital provincial e é parada obrigada do peregrino a Santiago xa desde o século XIII, tal e como relata o Códice Calixtino.

O propio topónimo, “Tria Castella”, parece aludir a tres castelos que hoxe non se conservan, pero que si aparecen gravados na torre do campanario de Triacastela, aínda que tamén puidese referirse a tres castros: Triacastela, Lagares e San Adrián. Actualmente hai achados moi importantes, no xacemento de Cova Eirós, que demostran o poboamento da zona por Neandertales, o que significa que xa desde a Prehistoria estas terras eran paso principal para as migracións humanas.

A actual vila de Triacastela, Vilanova de Triacastela, foi fundada polo rei Alfonso IX no ano 1228. Durante o século XIX as súas terras foron escenarios de loitas contra as tropas napoleónicas e de enfrontamentos carlistas.

O seu relevo accidentado conforma unha paisaxe típica de montaña posto que se sitúa xeograficamente nas estribaciones das Serras Orientais galegas. Limita ao norte cos concellos de Láncara e Becerreá; ao sur e ao oeste con Samos; e ao leste con As Nogais e Piedrafita de O Cebreiro.

O termo municipal de Triacastela está conformado por oito parroquias: A Balsa, Cancelo, Lamas, Monte, Santalla, Toldaos, Triacastela e Vilavella, polas que se reparten unha trintena de núcleos de poboación.

FESTAS E FEIRAS:

FEIRA MUNICIPAL: Na praza do Concello de Triacastela.
Día 28 de cada mes.

FEIRA DE ARTESANÍA: Sábado Santo.

FESTIVIDADE DO CORPUS: Maio / Xuño.

FESTAS DO MES DE XUNIO: Día 13 Festividade de San Antonio (Meizarán, Vilar e A Balsa).
Día 29 Festividade de San Pedro (Biduedo).

FESTAS DO MES DE XULLO: Día 25 Festividade de Santiago Apóstolo (Cancelo).

FESTAS DO MES DE AGOSTO: Día 15 Festividade da Virxe (Sta Mª do Monte e Vilavella).
Día 17 Festividade de San Mamede (San Mamede e Triacastela).

FESTAS DO MES DE SETEMBRO: Primeiro Domingo Festividade de San Adrián (Santalla de Alfoz).
Segundo Domingo Romaría da Virxe do Carme (Lamas de Biduedo).
Terceiro Domingo Festividade da Virxe dos Remedios (As Pasantes).